GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Novas

Novas

Xornadas de captación para as categorías base do Rio Natura Monbus Obradoiro

  • Categoría: Novas

Terán lugar durante a tarde do venres 5 de xuño no pavillón Lorenzo de la Torre

O Rio Natura Monbus Obradoiro organiza a próxima semana unha xornada de captación de xogadores para as súas categorías base, en plena fase de crecemento grazas entre outras cousas, á colaboración da recentemente activa Fundación Heracles.

A xornada terá lugar o próximo venres 5 de xuño no pavillón Lorenzo de la Torre. A sesión estará dividida por idades: de 17 a 18 horas poderán participar os nenos nacidos nos anos 2006 e 2007; de 18 a 19 horas será a quenda dos dos anos 2004 ou 2005; de 19 a 20 horas tocaralle aos nacidos entre 2002 e 2003 e por último, os máis maiores, nacidos no ano 2001 ou 2000, que poderán realizar as súas probas entre as 20 e as 21 horas.

Ás probas poderán asistir todos os nenos que desexen unirse aos equipos masculinos que ten nestes momentos o club, sen necesidade de anotarse previamente. Tampouco se esixe un nivel mínimo, polo que o único requisito é acudir con roupa de deporte e zapatillas, para poder levar a cabo a actividade deportiva.

A Fundación Heracles, o Rio Natura Monbus Obradoiro e o Colexio Manuel Peleteiro selan un convenio para a formación de xogadores

  • Categoría: Novas

A Fundación Heracles, o Rio Natura Monbus Obradoiro e o Colexio Manuel Peleteiro anunciaron hoxe publicamente a firma dun convenio de colaboración, polo que diferentes xogadores de categorías base do club poderán desenvolver a súa educación no centro de estudos.

Por este contrato, as bolsas que a Fundación creará proximamente, incluída a Bolsa Terry Porter," terán o seu desenvolvemento aquí”, explicou Pepe Casal, presidente da Fundación Heracles, ao que engadiu que na selección dos subvencionados, "como sempre, os valores persoais primarán tanto ou máis que a calidade deportiva. Estudar aquí é unha garantía total e absoluta, sendo este un dos mellores colexios de España no que se respira baloncesto, pero sen esquecer unha perfecta formación académica".

Ler máis

En marcha o III Campus Obradoiro CAB - Barbanza que se celebrará en Boiro entre o 27 de xuño e o 1 de xullo

  • Categoría: Novas

O Rio Natura Monbus Obradoiro presentou hoxe unha das súas actividades de verán dedicadas aos máis pequenos: a terceira edición do Campus Obradoiro CAB - Barbanza, que se celebrará de novo no Concello de Boiro, entre o 27 de xuño e o 1 de xullo.

José Luis Mateo, director xeral do club, explicou que "nesta ocasión a actividade se organiza xa coa colaboración da Fundación Heracles, e volverá ser en Boiro, onde se nos recibe como na casa". Nese sentido, agradeceu especialmente os apoios "do propio Concello e de Jealsa, piares fundamentais para a consolidación desta actividade na súa bisbarra". O directivo recalcou da actividade a posibilidade que dá de "compaxinar baloncesto e praia, transporte dende Santiago, numerosas actividades complementarias e visitas".

Pablo Vázquez, director do campus, explicou que este está dirixido a nenos de entre 5 e 18 anos "con actividades específicas e diferentes segundo a idade e o nivel".

Como novidade, anunciou, "este ano temos a posibilidade de

Ler máis

Terry Porter: O Camiño acaba en Obradoiro

  • Categoría: Novas

O proxecto O Camiño Acaba en Obradoiro foi presentado hoxe no Parador Santiago de Compostela incluíndo un saúdo do propio Terry Porter, que virá a España a realizar o Camiño de Santiago

O xogador da NBA Terry Porter realizará as últimas etapas do Camiño de Santiago no proxecto O Camiño Acaba en Obradoiro, que ademais de promover internacionalmente a ruta xacobea, terá nesta ocasión un fin solidario moi especial: recadar fondos para o Boys&Girls Club of Portland Metropolitan Area e a Fundación Heracles, que creará unha bolsa de desenvolvemento co nome do protagonista. Será entre o 4 e o 10 de maio, realizando a saída no encontro contra o Real Madrid en Sar.

Ler máis