GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Novas

Novas

A Fundación Heracles inicia a súa actividade coa presentación nas instalacións de Cenor

  • Categoría: Novas

A Fundación Heracles presentou hoxe a súa actividade ante os medios na sede central do Grupo Cenor, cuxo xerente Javier González é patrón desta. O tamén conselleiro do Rio Natura Monbus Obradoiro estivo acompañado polo propio presidente da organización, Pepe Casal, así como polo técnico do Rio Natura Monbus Obradoiro, Moncho Fernández, e polo seu director xeral, José Luis Mateo.

O anfitrión González inaugurou o acto satisfación e mostrou o seu agradecemento aos demais patróns, para logo explicar que "o obxectivo principal da fundación é fomentar a práctica do baloncesto en Galicia, pero o seu labor tamén será importante para involucrar máis empresas no proxecto baloncestístico en Santiago, que pouco a pouco se vai consolidando. O seguinte paso neste proceso é chegar a ser unha canteira referente no norte de España".

Ler máis

Jenaro Díaz, campión da Eurocup, no III Clínic “Desmontando ao adestrador axudante”

  • Categoría: Novas

O Rio Natura Monbus Obradoiro e a Fundación Heracles traballan xa na terceira edición do Clínic "Desmontando o adestrador axudante", que se celebrará o 11 e o 12 de xullo, en Santiago de Compostela, co patrocinio de Unika. Entre os convidados, que se irán desvelando pouco a pouco, estará Jenaro Díaz, adestrador axudante do Khimki B.C, que vén de conseguir o título de Eurocup ante o Herbalife Gran Canaria.

Díaz centrará a súa intervención na utilización do scouting Inmediato, aplicándoo ao seu uso en competicións onde non hai moito tempo de marxe entre cada partidos.

Ler máis