GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Novas

Novas

O III Campus Obradoiro CAB - Barbanza contará coa dirección técnica de Dan Petts

  • Categoría: Novas

O III Campus Obradoiro CAB - Barbanza, que se celebrará en Boiro entre o 27 de xuño e o 1 de xullo, contará no seu equipo técnico con nomes recoñecidos do baloncesto santiagués e barbanzano. Dirixida polo adestrador da canteira do club, Pablo Vázquez, a actividade contará con Dan Petts, actual adestrador do equipo júnior e axudante do corpo técnico do primeiro equipo, como director técnico.

Ler máis

Juan José Isorna, primeiro Amigo da Fundación Heracles: "É un labor social interesante para o futuro da canteira e do baloncesto na cidade"

  • Categoría: Novas

O primeiro Amigo da Fundación Heracles gozará de todas as vantaxes desta figura na renovación do seu abono

O Rio Natura Monbus Obradoiro e a Fundación Heracles gozan xa dos froitos da súa colaboración cos primeiros Amigos da Fundación Heracles. Os doadores, que colaboran así coa promoción do baloncesto de base, gozarán ademais duns grandes descontos no abono ao club nas próximas tres tempadas.

Ler máis

Jota Cuspinera: "Nos Clínics os momentos informais son moi enriquecedores"

  • Categoría: Novas

O ex adestrador axudante do Laboral Kutxa Baskonia, no III Clínic Unika "Desmontando o adestrador axudante"

O III Clínic Unika "Desmontando o adestrador axudante" segue cos seus preparativos para que o 11 e 12 de xullo todos os asistentes poidan gozar das mellores leccións técnicas e tácticas, impartidas por adestradores de primeiro nivel internacional.

Ler máis

Amigo da Fundación Heracles: aforra no teu abono do Rio Natura Monbus Obradoiro colaborando cas categorías base do club

  • Categoría: Novas

A Fundación Heracles e o Rio Natura Monbus Obradoiro puxeron en uso o convenio que os une creando a figura de Amigo da Fundación Heracles, pola que unha doazón á organización para fomentar a práctica deportiva entre nenos e mozos se converterá en diferentes vantaxes relativas ao club.

José Luis Mateo, director xeral do club, recalcou a importancia desta figura, xa que o club ten "1200 abonados non accionistas e 1305 abonados e accionistas que esta tempada xa non puideron gozar do desconto de accionista; ao resto o devandito desconto véncelles na tempada 2015/16, e isto motivounos a facer unha reflexión". Por iso considera que "hoxe é un día importante para o club porque podemos dar un paso no dobre obxectivo estratéxico de manter e incrementar a nosa masa de abonados e, á vez, mellorar os medios das nosas categorías base", adiantou.

Rafael Silva, patrón da Fundación, explicou en que consiste esta nova figura: "calquera persoa ou empresa pode apoiar esta iniciativa dun xeito moi simple: doando un mínimo de 130 euros á Fundación Heracles obteranse uns beneficios no Rio Natura Monbus Obradoiro. O máis importante, un desconto total de 150 euros no teu abono repartido en tres anos por cada achega de 130, polo que o retorno xa é maior á doazón. Este desconto de 50 euros por tempada é ademais, acumulable a calquera outro desconto ao que teña dereito o abonado e vai ligado á non suba do prezo do abono da que durante os próximos tres anos gozará este colectivo de Amigos da Fundación Heracles".

Ler máis