GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

A fundación ten por obxecto a promoción e realización sen ánimo de lucro, de actividades socio-deportivas para fomentar a práctica deportiva principalmente en Galicia, especialmente entre os nenos e xoves e, ó mesmo tempo, axudar ao deporte galego de competición. Non obstante, poderá realizar actuacións para o desenvolvemento destas fins a niveis tanto autonómicos como estatais ou internacionais.

O desenvolvemento do obxecto fundacional poderá ser realizado directamente pola Fundación ou mediante colaboración con outras entidades, organismos, instítucións ou persoas que contribúan á consecución dos fins fundacionais.

Actividades fundacionais

Para a consecución dos fins mencionados no artigo anterior, a fundación pode realizar as seguintes actividades:

-Xestionar actividades deportivas directamente ou a través de convenios de colaboración

-Fomentar e organizar encontros, seminarios e convencións a fin de profundizar no achegamento da sociedade ao deporte

-Ser nexo de unión coas empresas e entidades interesadas en fomentar unha cultura de valores tomando como referencia o deporte e a súa vinculación coa sociedade

-Potenciar a integración da universidade e outros centros educativos e o que representan na sociedade a través do concepto que supón a practica do deporte e a súa xestión