GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O Amigo da Fundación Heracles ofrece unha gran rentabilidade


Grazas ao convenio entre a Fundación Heracles e o Obradoiro CAB SAD, o club ofrece aos seus abonados e ás empresas que decidan unirse a esta iniciativa unha importante rentabilidade: 

-Por cada 130€ de doazón á Fundación Heracles, realizarase un desconto de 150€ no abono ao Rio Natura Monbus Obradoiro

-Certificado de Doazón, que permitirá a dedución na Declaración da Renda (actualmente do 27,5% da cantidade achegada) do doante

-As empresas que realicen a súa doazón obterán ese mesmo desconto en abonos e o seu Certificado de Doazón, que permitirá a dedución no Imposto de Sociedades (actualmente do 35% da cantidade achegada)