GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Na última xornada da Liga Regular, o Cenor – Obradoiro CAB recibía no seu campo ao Peleteiro C e, dende o primeiro minuto, apreciouse a diferenza física entre ambos planteis. O equipo visitante chegaba minguado pola baixas e tivo que botar man de ata seis infantís de primeiro ano para pechar a Liga Regular.

Os obradoiristas foron capaces de impoñer o seu ritmo de xogo dende o principio, dominaron o rebote nos dous aros e trataron de despregar sempre un xogo colectivo cunha boa circulación de balón.

Defensivamente os locais estiveron serios durante todo o encontro sempre en media pista, pechando a tempada cunha gran vitoria por 87-19.

Así dá por rematada a Liga Regular para os obradoiristas, que descansan na próxima e última xornada de liga. Toca esperar así os resultados desta para definir as posicións finais nas clasificacións dos dous grupos e definir os cruces para xogar o título de Liga de Santiago.

Parciais: 25-5, 17-6, 23-0 e 22-8.