GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O Cenor – Obradoiro CAB gaña a domicilio ao Basket Ames por 29-63 na novena xornada da Liga Local de Santiago.

O partido comezaba cun altísimo ritmo por parte de ambos os equipos e intercambiáronse as primeiras canastras por medio de contraataques. Daquela, os visitantes comezaron a cargar o xogo ofensivo preto da canastra onde demostraban superioridade para chegar ao final do primeiro cuarto cun 8-20 no marcador.

O segundo cuarto foi o mellor dos locais que souberon poñer en apretos aos obradoiristas coa súa presión a todo campo, conseguindo recuperacións e canastras fáciles, obrigándolles a pedir tempo morto para ordenar as súas filas. O parcial do cuarto foi de 11-12 e ao descanso o marcador era de 19-32.

Na segunda parte, os do Obra non baixaron o ritmo, romperon con máis comodidade a presión do Basket Ames, conseguindo boas opcións de anotación en transicións rápidas e situacións de superioridade. Tamén melloraron o nivel defensivo e a captura de rebotes para deixar aos locais en 10 puntos na segunda metade.

O próximo fin de semana o Cenor Obradoiro CAB recibirá no pavillón Lorenzo de La Torre ao C.B. Noia, o sábado as 10:00 horas. Os parciais destes cuartos foron de 6-14 e 4-17 para un marcador final de 29-63.