O Cenor - Obradoiro CAB gaña con solvencia ao CB Santa Baia de Boiro (97-19)
O equipo continúa coa racha de vitorias, tras vencer na octava xornada do grupo A de Santiago ao C.B. Santa Baia.
O partido non tivo dificultade para o Obradoiro debido a unha enorme diferenza física. Desde o inicio do partido, houbo un dominio absoluto nos rebotes de ambos os taboleiros, e isto permitiu aos locais coller diferenzas contínuas no marcador ata o definitivo 97-19.
O equipo estivo centrado e serio xogando e traballando en aspectos a corrixir e mellorar tanto en ataque como en defensa.
Na próxima xornada, o Cenor Obradoiro CAB cadete visitará ao Basket Ames no pavillón polideportivo do Milladoiro.
Parciais: 25-4, 22-5, 27-6, 23-4.