GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O equipo obradoirista suma o seu terceiro triunfo en Liga Regular por 38-76 na súa visita a Montouto.

O partido comezaba con bo ritmo onde os dous equipos buscaban ataques directos e verticais e as defensas non eran capaces de frear os ataques, conseguindo un rápido parcial de 4-10 nos primeiros cinco minutos de xogo.

A partir de aí, o Obradoiro chamou a corrixir, intensificar e mellorar o traballo defensivo para poñer un parcial de 4-15 e chegar ao final do primeiro cuarto cun 8-25.

No segundo cuarto, os visitantes seguiron impoñendo o seu ritmo de xogo, buscando mellorar o xogo colectivo, a circulación do balón e a boa selección de tiro, ampliando así a diferenza no marcador (19-41).

Na segunda parte do partido o Peleteiro C saía máis enchufado en ataque, conseguindo puntos en transicións rápidas, pero os obradoiristas corrixiron estas situacións para seguir controlando o partido e levar a vitoria en Montouto, por 38-76.

Esforzo importante dos mozos xa que soamente sete xogadores participaron no xogo debido ás numerosas baixas por selección, lesións e enfermidades.

Agora toca a xornada de descanso e, logo do parón do Nadal, partido importantísimo contra Compañía de María en As Trompas.