GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O Cenor – Obradoiro CAB logra unha nova vitoria vencendo no Pavillón Lorenzo de la Torre ao Rosalía de Castro por 81-20.

Foi un partido que comezaba con moitos desacertos por parte dos dous equipos e que tardaba varios minutos para mover o marcador do 0-0 inicial.

Sen embargo, os locais lograban pouco a pouco facerse duros en defensa, presionando a saída de balón do Rosalía e, tras facelo caer en erros, conseguían correr o campo para conseguir abrir unha diferenza de 21-12 ao final do primeiro cuarto.

Logo xa os mozos do Obra fóronse soltando, creceron en confianza de fronte ao aro e abriron unha brecha insalvable para os visitantes no segundo cuarto, índose ao descanso cun marcador de 43-18.

Na segunda parte os obradoiristas seguían impoñendo o seu ritmo tanto ofensivo como defensivo, cunha boa actividade nas liñas de pase e sistema de axudas, e seguiron aumentando a diferenza ata o 81-20 final.

Partido que deixa o sabor agridoce polas lesións sufridas por Yago e Carlos e un forte golpe recibido por Pablo.

A próxima fin de semana non haberá xornada da 2ª División Cadete polo que os obradoiristas terán unha semana de descanso para poder recuperar a todos os seus integrantes.