GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O equipo santiagués suma o seu terceiro triunfo en Liga Regular por 28-84 na súa visita a Noia.

O partido comezaba con bo ritmo onde os dous equipos buscaban ataques directos e verticais, e as defensas non eran capaces de frear os ataques, para conseguir un rápido parcial de 7-10 nos primeiros cinco minutos de xogo.

A partir de aí, o Obradoiro comezou a corrixir, intensificar e mellorar o seu traballo defensivo para poñer un parcial de 4-15 e chegar ao final do primeiro cuarto cun 11-25 reflectido no marcador.

No segundo período os visitantes seguiron impoñendo o seu ritmo de xogo, buscando mellorar o xogo colectivo, a circulación do balón e a boa selección de tiro, e ampliaba así a diferenza no electrónico (19-39).

Na segunda parte, o Noia saía máis enchufado en ataque, conseguindo puntos en transicións rápidas, pero os do Obradoiro corrixiron estas situacións para seguir controlando o partido e levar a vitoria dun ata agora invicto Baloncesto Noia por 28-84.

A vindeira semana o Cenor - Obradoiro CAB recibirá o sábado, as 16:00 horas, ao Rosalía de Castro no pavillón Lorenzo de la Torre.