GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O conxunto santiagués gaña por 26-91 na súa visita ao CB Santa Baia da localidade de Boiro.

Tras uns primeiros minutos no que o Cenor-Obradoiro comezou marcando o ritmo do encontro con rápidos contraataques, os visitantes foron pouco a pouco ampliando as diferenzas gracias ao seu dominio no rebote.

A medida que transcorría o encontro, a profundidade de banquillo facía que os de Santiago puideran manter un alto ritmo defensivo o que, unido a unha boa circulación de balón, lles permitía seguir atopando boas seleccións de tiro.

Importante vitoria por un 26-91 que axuda ao crecemento do xogo colectivo do equipo e ao aumento da confianza dos xogadores. Para a vindeira semana, o Cenor – Obradoiro CAB recibirá o sábado, ás 16:00 horas, ao invicto Basket Ames.