GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Novamente o Cenor – Obradoiro CAB acadou a vitoria na volta dos cuartos de finais, esta vez no Lorenzo de la Torre, o domingo ás 12:00 da maña cun cómodo 81-23.

Nesta ocasión o partido estivo dominado en todo momento polo Cenor – Obradoiro CAB, sen dar opcións ao Obradoiro CAB – Cenor. Feito que se ve reflexado nos parciais: 24-6, 18-2, 16-7 e 23-8.

Os de Camilo impuxeron o seu ritmo desde o primeiro ao último minuto cunha gran defensa que lles permitiu correr, alternando ademais cun gran xogo en estático. A pesar disto os de David intentaron dar a cara, conscientes da dificultade deste cruce.

Unha vez máis o ambiente obradoirista foi espectacular, tanto na pista xogadores e técnicos, coma na grada. Demostrando todos ser unha familia volvemos a ver o "1, 2, 3 OBRA!!” ao final no centro da pista de ambos equipos xuntos con toda a grada aplaudindo esta vez no pavillón no que comunmente exerce de local o noso club.

Agora tócalles pensar a uns en pelexar polos primeiros postos e a outros por acompañalos o máis arriba posible da clasificación.