GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O equipo dá un paso importante cara á fase de ascenso á primeira división, impoñéndose na casa ao Rosalia Fedesa, obtendo unha renda de 42 puntos para a segunda e definitiva final o próximo fin de semana no pavillón do Instituto Rosalía De Castro.

Na tarde do sábado xogábase no pavillón Lorenzo de La Torre o primeiro encontro da final na categoría cadete, da liga local de Santiago.

O partido empezaba con ambos equipos probándose con ofensivas e longas xogadas de transicións e ataques rápidos, e aos poucos o equipo obradoirista ía atopando os camiños para atacar a canastra rival, e presionando desde arriba a saída de balón despois de canastra, lograba incomodalo e levalo a forzar tiros ou perder o balón. Tras recuperar o balón os locais puideron correr a campo aberto e así chegaba ao descanso do partido cunha vantaxe de 21 tantos no marcador.

A segunda parte seguiu na mesma sintonía , cun Obradoiro dono do partido, levando o ritmo e buscando alternar ataques en transicións rápidas con ataques en estático, atopando moitas vías de anotación a partir dunha boa lectura e bo xogo colectivo.

Os parciais de cuartos foron 17-12, 26-10, 27-15 e 18-9. Marcador final: 88-46.

Gran esforzo e gran partido de todos os xogadores, tentando non baixar en ningún momento o ritmo de xogo tanto en ataque como en defensa, para conseguir unha diferenza de corenta e dous puntos a favor de fronte á volta das finais do próximo fin de semana.