GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Con esta vitoria, o Cenor – Obradoiro CAB logra o pase para disputar a fase de ascenso a primeira división, a disputarse desde o próximo 14 de maio ata o 11 de xuño.

O sábado pola mañá disputábase a volta das finais da Liga Local de Santiago e Barbanza no pavillón do Instituto Rosalía De Castro, entre o Rosalía Fedesa e o Cenor - Obradoiro CAB.

O partido comezaba cun ritmo de xogo algo baixo, onde ambos equipos se ían intercambiando canastras sen moitas diferenzas no marcador. Aos poucos o Obradoiro, a base de ter maior presenza física nos rebotes, empezaba a impoñer algo máis de ritmo e collía unha renda de doce puntos de diferenza antes de chegar ao descanso.

A saída dos vestiarios foi o mellor momento dos visitantes, onde demostraron estar un nivel por riba, dominando os rebotes, correndo boas transicións ofensivas e facendo un bo xogo colectivo en ataques estáticos.

Os parciais de cuartos foron 10-17, 14-19, 4-17 e 15-13.

Vitoria importante a domicilio para finalizar a Liga Local, dando o título de campión aos obradoiristas, e a clasificación á fase de ascenso a Primeira División.