GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O partido comezou con moitos nervios por parte de ambos os equipos, onde se vían moitos erros na execución.

O equipo obradoirista apenas podía coller distancia no marcador e, cando o facía, os seguintes erros en ataque penalizábanlle e o Ribadeo recortaba as diferenzas.

Aos poucos, os visitantes empezaron a dominar o partido preto do aro rival, facéndose forte nos rebotes tanto de defensa coma de ataque, e isto deulle a oportunidade de empezar a distanciarse no electrónico.

O equipo local apostou por unha defensa en zona que atascou por momentos aos do Obra pero, aos poucos, empezaron a facer boas lecturas e boa circulación de balón para atopar o camiño para crebar a devandita defensa.

Os parciais de cuartos foron 10-16, 11-15, 9-15 e 10-17.

Vitoria importante para empezar con bo pé a tan esperada fase de ascenso a Liga Galega.

O próximo partido será o mércores 17 de maio, no Pavillón Lorenzo de La Torre, contra o CB Culleredo que tamén gañou o primeiro partido, contra o Basket Coruña.