GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Os cadetes conseguen a súa cuarta vitoria consecutiva nesta fase de ascenso, e quedan a unha vitoria de conseguir o ascenso a primeira división.

O domingo xogouse en Lorenzo de La Torre a cuarta xornada da Fase de Ascenso Norte onde os obradoiristas enfrontábanse ao Be One Ribadeo no primeiro partido da segunda volta.

O encontro comezou cun claro dominio dos locais facendo dano preto do aro tras transicións rápidas e xogo interior en estático.

O Ribadeo, nun intento de protexer a súa canastra e a súa zona pintada, púxose nunha zona 2-3 que nun principio atascou aos locais, pero aos poucos empezaron a facer boa lectura dos espazos que xeraban co xogo colectivo, e volveron atopar as vías de anotación.

Tamén moi importante o esforzo e sacrificio realizado en defensa deixando ao equipo visitante en 41 puntos.

Os parciais de cuartos foron 20-9, 19-11, 21-10 e 16-11.

Vitoria importantísima para os do Obra, que os coloca primeiros con dúas vitorias de vantaxe sobre o segundo clasificado a dúas xornadas para acabar a Fase de Ascenso.

O próximo partido visitarán ao CB Culleredo, nun encontro no que de lograr a vitoria poderán certificar a súa presenza na Liga Galega para a próxima tempada 2017-2018.