GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Vitoria importantísima dos de Camilo que, a falta dunha xornada para acabar a fase, selan matemáticamente o ascenso a primeira división.

O partido xogábase o sábado ás 10:00 horas no pavillón do Burgo, cun Obradoiro que saía moi intenso desde o inicio, demostrando que sabían o que se xogaban. Aos poucos foi distanciándose no marcador correndo transicións rápidas (12-20), pero unha pequena lagoa ofensiva no segundo cuarto, sumado ao acerto de duas triplas dos locais poñían o marcador 26-29 ao descanso.

A segunda parte foi claramente para os visitantes que, a base de carácter defensivo (factor de identidade do equipo) e dominio dos rebotes, foron capaces de impoñer o seu ritmo e así facerse donos do partido que lles daría o tan traballado ascenso a primeira división.

Os parciais de cuartos foron 10-17, 16-12, 5-8 e 5-10.

Felicitacións a todo o equipo, que demostraron ser un verdadeiro grupo, mostrándose como tal e revertendo situacións adversas grazas á implicación e unión de todos os seus membros.

Carlos, Yago R., Eduardo, Iago V., Manuel C., Cibrán, Adrián, Pablo, Manuel F., Jorge, Hugo, Alberto, Anxo, Mateo, Camilo (entr.) e David (prep. f.), PARABÉNS!!!!