GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O sábado medíronse no Pavillón de Montouto, o Baloncesto Peleteiro e o Cenor - Obradoiro CAB, na segunda xornada da fase Norte da Liga Galega Cadete.

O partido empezou moi parello, cun intercambio de canastras entre ambos os equipos. Cando os obradoiristas conseguiron manter un alto nivel defensivo lograron pequenas vantaxes de seis puntos, pero os problemas no rebote defensivo daban vida aos locais, que chegaron ao descanso cun igualado 31-33 no marcador.

Na segunda parte os visitantes lograron mellorar o control do rebote defensivo, manexando mellor o ritmo de partido e volvendo a escaparse no electrónico. Con todo o Peleteiro non se rendía e, con tan só dous minutos por xogar, volveuse poñerse a tan só dous puntos. A pesar do intento local, tras un tempo morto os obradoiristas comezaron a xogar mellores opcións de ataque e sentenciaron o partido desde a liña de tiros libres.

Vitoria importante para o Cenor - Obradoiro CAB nun partido onde se gozou dun marabilloso ambiente de baloncesto.

Os parciais por cuartos foron: 16-14, 15-19, 16-18 e 14-17.

O próximo partido do Cenor - Obradoiro CAB será o vindeiro sábado 28 de Outubro, no pavillón Lorenzo da Torre contra o Basket Coruña.