O Cenor Obradoiro cae na súa visita ante Maristas Coruña nun axustadísimo partido (62-61)
O sábado ás 18:00 horas xogouse no pavillón do colexio Maristas de A Coruña, o partido pola xornada 4 da fase norte da Liga Galega onde Maristas recibía ao Cenor Obradoiro CAB.
O partido empezou moi disputado, onde as defensas eran moi intensas e obrigaban a ambos a traballar moito en ataque. Tras superar en presión defensiva a toda pista, o Obradoiro podía abrir diferenza no marcador e íase ao descanso con catro puntos de vantaxe (28-32).
A segunda parte, os visitantes conseguían impoñer o ritmo de xogo e chegaban a conseguir unha renda de nove puntos, pero unha mala xestión na saída de presión concedía canastras fáciles para os locais, que igualaban o encontro.
O último cuarto, con todo por decidirse, o acerto estivo ao lado dos locais que con tres triplos nese período igualaban e collían a diferenza de dous puntos.
No último ataque para empatar o partido, os do Obra recibiron falta pero non conseguiron meter ambos tiros libres para forzar prorróga.
Partido que podería caer para calquera dos dous equipos, moi disputado, onde o esforzo dos obradoiristas foi intachable, que serve para corrixir algúns erros e pensar en seguir traballando con esa dinámica e actitude, que os resultados chegarán.
Os parciais de cuartos foron 16-18, 12-14, 13-15 e 21-14.
O próximo partido o Cenor Obradoiro recibirá ao Sigaltec en Lorenzo La Torre, o sábado 18, ás 18:00 horas.