GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O sábado ás 18:00 horas, no pavillón Lorenzo de La Torre disputábase a sexta xornada da Fase Norte da liga galega cadete entre o Cenor Obradoiro e o Instituto Rosalía.

O partido empezaba cun alto ritmo de xogo por parte dos visitantes que collían por sorpresa aos obradoiristas que saían ao campo algo despistados e, a base de dominar o rebote defensivo e correr o campo, collían unha distancia de nove puntos no marcador no final do primeiro cuarto (9-20). No segundo cuarto, os locais eran capaces de subir a intensidade defensiva, mellorar o ritmo de xogo e o balance defensivo, e así conseguían meterse no partido chegando ao descanso do mesmo empatados no marcador (31-31).

A segunda parte foi moi igualada, con defensas agresivas sobre o balón, boas accións de ataque por parte dos dous equipos, onde os locais chegaban ao último minuto do partido cunha diferenza de 4 puntos ao seu favor, que descontaban aos colexiais cunha acción de ataque rápido e a falta de 4 segundos empataban o partido con tiros libres para forzar a prórroga (67-67).

Na prórroga, o acerto estivo do lado dos visitantes que conseguían encestar tres triplos e levaban a vitoria nun gran partido de baloncesto disputado por ambos equipos.

Os parciais de cuartos foron: 9-20, 22-11, 17-22, 19-14 e 5-11.

O próximo partido, o Centro Obradoiro viaxará a xogar a Ferrol, o sábado, ás 12:00 horas, na última data da primeira volta.