GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O sábado, ás 12 horas, xogábase no pavillón do Ventorrillo de Coruña, o partido correspondente á décima xornada da liga galega cadete fase norte, entre o Basquet Coruña e o Cenor Obradoiro.

O partido empezaba xa desde os primeiros minutos cun Cenor Obradoiro moi concentrado e intenso, que comezaba a abrir distancias aos poucos de comezar o encontro. Cunha defensa intensa e presionante en todo o campo, mais o dominio dos rebotes defensivos, os visitantes imprimíanlle un ritmo alto ao partido, atopando vías de anotación rápida para chegar ao descanso con doce puntos de vantaxe no marcador (28-40).

Na segunda parte, os obradoiristas non se relaxaron, mantiveron o ritmo alto de partido e atopaban camiños á canastra con boa circulación e trato do balón contra a defensa de presión constante do Basquet Coruña de dous contra un ao balón. Deste xeito continuaron dominando o encontro para levar unha importante vitoria, con gran esforzo e entrega de todo o equipo.

Os parciais de cuarto foron: 11-22, 17-18, 9-16 e 10-18.

O próximo encontro do Cenor Obradoiro será o sábado 27, ás 18:00 horas, no pavillón Lorenzo de La torre contra o Maristas Coruña.