GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O domingo pola tarde xogábase no pavillón municipal da cidade de Tui o primeiro partido da fase A1 polo título da Liga Galega entre o invicto en toda a tempada CB Tui e o Cenor Obradoiro.

O partido empezaba cun alto ritmo defensivo por parte de ambos os equipos, onde cada rebote e cada pelota era unha loita e onde aos poucos os locais, a base de ataques rápidos e dominio do rebote en ambos taboleiros, foron abrindo diferenzas ata os 11 puntos ao descanso do encontro (39-28).

Tras o paso polos vestiarios, os locais saíron aínda mais intensos e deixaban clara a súa superioridade física e, a base de rebote defensivo e ataque rápido, abrían unha enorme brecha no marcador que xa se vía insalvable para os obradoiristas, que non estaban coa intensidade, concentración e esforzo necesario para este tipo de partidos, sendo incapaces de aguantar o ritmo de xogo dos locais.

Os parciais de cuartos foron: 22-15, 17-13, 21-10 e 13-6.

O próximo partido, o Cenor Obradoiro recibirá ao Baloncesto Porriño, o sábado 3 de marzo, no Pavillón Municipal Lorenzo de La Torre, ás 18 horas.