GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Este pasado sábado, no pavillón municipal de Lalín, o Obradoiro CAB-Cenor conseguiu unha nova vitoria a domicilio 41-42, que lle garantiza a terceira praza do grupo B.

O encontro comezou favorable aos locais que realizaron un bo xogo nas súas transicións castigando o mal balance do equipo rival. Aínda así os de David Arias non lle perderon a cara ao partido en ningún momento deixando parciais de 13-11 e 12-10 nos dous primeiro cuartos.

Tras o paso polos vestiarios, os visitantes axustaron mellor o seu balance defensivo pero aínda así isto non foi suficiente para reducir a vantaxe no marcador. O Nucamsa Basketdeza seguiu castigando os 1x1 e, sobre todo, a falta de segunda axuda nesas situacións do Obradoiro CAB-Cenor. Este cuarto volveu a ser para os locais cunha diferencia de 13-10. Comezou o último tempo cunha desvantaxe de sete puntos para os visitantes. Pero de novo os axustes defensivos e a posibilidade que deu esta defensa de recuperar balóns e correr máis transicións, permitiu ao Obradoiro CAB-Cenor darlle a volta o marcador cun parcial de 3-11. Os xogadores de Lalín dispuxeron dun ultimo tiro a falta de 6 segundos pero non conseguiron anotalo co que a vitoria, e a terceira praza, caeu do lado do Obradoiro CAB-Cenor.