GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Este domingo, o Peleteiro B sumou unha importante vitoria para a súa pelexa polo liderato na pista de Montouto ante o Obradoiro CAB-Cenor por 54-22.

Un encontro no que o Obradoiro CAB-Cenor saíu sen perderlle a cara ao partido nos primeiros minutos pero nos que, pouco a pouco, a acumulación de faltas en varios dos seus xogadores e o ritmo do rival, especialmente en defensa, foi facendo mella. Os xogadores de David Arias só conseguiron anotar catro puntos por quince do seus rivais. Pero a pesar disto, conseguiron seguir dando a cara ante o primeiro clasificado no segundo cuarto no que firmaron un bo parcial de 10-8 favorable aos locais.

Na segunda metade seguiu a tónica da baixa anotación do Obradoiro CAB-Cenor ao que se sumou un maior acerto dos locais, especialmente no terceiro cuarto, o que propiciou a brecha insalvable no marcador tras o 19-6 neste período.

Unha derrota que deixa ao Obradoiro CAB-Cenor sen posibilidades de acadar a primeira praza do grupo, e a segunda case inalcanzable, pero que non impedirá seguir traballando para crecer e asegurar a terceira praza, tarefa que non será sinxela.

O próximo fin de semana o C.B. Riveira visitará ao Obradoiro CAB – Cenor no pavillón Lorenzo de La Torre, o sábado as 18:00 horas.