GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Unha nova e importante vitoria para o Obradoiro CAB – Cenor chegou esta fin de semana no partido disputado no pavillón Lorenzo de la Torre de Santiago de Compostela contra o Nucamsa Basketdeza.

O partido comezou marcado pola alta intensidade dos dous equipos en defensa, rematando o primeiro cuarto cun empate a dez puntos no marcador.

No segundo parcial a igualdade seguía a ser máxima cun parcial case calcado ao primeiro: 9-8 a favor dos locais.

Tras o descanso, os xogadores de David Arias subiron o nivel defensivo, o que lles serviu tamén para correr e anotar puntos fáciles. Con isto conseguiron abrir distancias no marcador no terceiro tempo e saber administrala xa no último cuarto gracias a un ritmo de xogo máis pausado.

Unha vitoria na que se plasma o duro traballo semanal destes rapaces e que lles otorga o terceiro posto ao final da primeira volta. Agora toca seguir progresando para afrontar o inicio da segunda volta a inicios de xaneiro contra o líder.