GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O Obradoiro CAB-Cenor sumou este domingo unha nova vitoria ante o C.B. Ribeira (24-49) no pavillón Torres Colomer de Palmeira.

Primeiro partido da tempada cun bo comezo, deixando un marcador de 0-13 no primeiro cuarto con unha gran defensa de 1x1 que lles aportou moitas recuperacións. No segundo tempo, o Obradoiro CAB-Cenor baixou un pouco a intensidade defensiva centrando a súa concentración en probar un novo sistema de ataque que lles permitiría manter unha vantaxe de 18 puntos ao descanso.

No cambio de período, os de David Arias aproveitaron os dous últimos cuartos para probar con éxito axustes defensivos e lograr dous contra un en media pista. Defensa que deu resultado en ambos cuartos e puideron seguir aumentando a diferencia no marcador a pesar de diminuír a súa aportación ofensiva, 6-11 no terceiro e 8-10 no cuarto.

Unha nova vitoria que devolve confianza o equipo e que demostra que o traballo está aportando novos e positivos recursos. Aínda así, para o próximo partido, haberá que intentar estar concentrado nos dous lados do campo contra un rival directo, non centrarse en traballar solo defensa e descoidar o ataque e viceversa.