GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O pasado sábado, no pavillón municipal de Rianxo, o Obradoiro CAB – Cenor comezou a Copa cunha vitoria contra o Elidente Rianxo nun partido que finalizou cun 33-57 no marcador.

O partido comezou cun ritmo lento nas transicións e unha máxima igualdade entre ambos, tanto é así que se chegou ao final dos primeiros 10 minutos cun empate no marcador a 10 puntos. Xa no segundo cuarto ambos equipos seguiron desacertados en ataque, pero cun Obradoiro CAB – Cenor que aumentaba o seu nivel defensivo o que lle permitía implantar un 6-12 no tanteo deste cuarto.

Tras o paso polos vestiarios, os locais empezaron a botar en falta unha rotación máis amplía e a acusar o cansancio propiciado polo gran esforzo defensivo no primeiro tempo. Foi aí cando os de David Arias subiron o ritmo ofensivo propoñendo novas variables ofensivas e lograron acadar dous parciais favorables en ambos cuartos, 6-18 no terceiro e 11-17 no último.

Esta vitoria permite ao Obradoiro CAB – Cenor seguir competindo pola Copa Primavera e aumenta a confianza dos xogadores tras as últimas derrotas na Liga.