GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O domingo disputouse a final da Copa Primavera de Santiago de Compostela no pavillón de Compañía de María, partido no que os locais se impuxeron 82-33.

A intensa defensa dos locais, unido ao desatino cara o aro do Obradoiro CAB – Cenor no primeiro cuarto, serviu para deixar case decidido o partido nos primeiros minutos cun parcial de 27-6. No segundo cuarto os locais conseguiron reducir a súa ansiedade ofensiva, reducindo erros e impoñendo un ritmo no que se sentiron máis cómodos acadando un 13-12.

Tras o paso polos vestiarios de novo Compañía María, máis concentrado, impuxo un ritmo máis elevado que lle permitiu de novo acadar un marcador no terceiro cuarto que remataba de decantar a final (25-2). A pesar do mal terceiro cuarto cun alto número de perdas, os de David Arias non quixeron tirar o partido e irse cun mal sabor de boca desta tempada. No último cuarto volveron a subir o nivel defensivo cunha maior actividade en axudas que, acompañado dunha volta a calma ofensiva, permitiulles irse cun 17-13 en contra.

Último partido do ano que remata cunha dura derrota para o Obradoiro CAB - Cenor ante un rival de alto nivel. Pese a iso, pechase unha boa tempada en liñas xerais cun segundo posto na Copa Primavera.