GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O partido tivo lugar no pavillón Lorenzo de la Torre e rematou cun 68-45 a favor dos locais.

Os primeiros minutos estiveron marcados por un ritmo moi elevado con malas porcentaxes nas transicións ofensivas sen oposición. Se ben é verdade que o Obradoiro non realizou un bo balance defensivo tras os seus erros, o desacerto maior do seu rival permitiulle finalizar cunha vantaxe de 16-5 no primeiro cuarto.

No segundo cuarto, os locais sumaron ao mal balance momentos de desconexión defensiva que farían que o La Salle se fose vivo ao descanso a só 9 puntos tras un 13-15.

Como leva a acontecer en case toda a temporada, o Obradoiro saíu máis centrado en defensa e con maior atino no terceiro cuarto, deixando un parcial de 21-6 que case sentenciaba o partido. Pese a isto, o último cuarto volveu a ser para os visitantes cun 18-19 que deixaba aínda máis claro o mal partido defensivo dos de David Arias.

Pese ás dubidas que podería xurdir sobre a defensa tras este partido, a parte positiva é que o Obradoiro CAB – Cenor suma unha nova vitoria que lle permite seguir pelexando polo primeiro posto do grupo.