GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O Cenor-Obradoiro CAB caeu ante o Maristas Coruña nun encontro disputado no pavillón de Lorenzo da Torre (41-93).

O equipo visitante mostrouse superior dende o inicio do partido, dominando no marcador dende o primeiro cuarto e impoñéndose en todos os parciais (11-21, 11-24, 13-31 e 6-17).

A pesares de non verse reflectido no marcador, os obradoiristas realizaron o mellor partido da tempada, mellorando en todas as facetas do xogo, sen baixar os brazos nin deixar de loitar en ningún momento.

A próxima semana, o Cenor-Obradoiro CAB viaxará a Madrid para disputar a fase clasificatoria da Mini Copa.