GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Os obradoiristas acadaron a quinta vitoria consecutiva vencendo o Basket Coruña por un contundente 86-49, o que lles permite consolidarse como líderes do grupo 2 desta segunda fase da 1ª División infantil.

Os locais estiveron moi acertados no lanzamento, e non deron ningunha opción a un Basket Coruña que soamente foi quen de gañar o derradeiro cuarto.

Na vindeira xornada, o Cenor – Obradoiro CAB viaxará ata Vigo, o sábado as 20:00 horas, para enfrontarse ao Seis do Nadal.

Parciais: 12-6, 31-15, 26-10 e 16-18.