GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Os obradoiristas vencen ó Academia Cops Basket Ferrol nunha nova xornada da segunda fase da 1ª División Infantil.

A pesares do día errático en ataque, os visitantes amosáronse máis sólidos en tódalas facetas do xogo, e sempre estiveron por diante no marcador. A súa capacidade defensiva permitía ir ampliando pouco a pouco a vantaxe no electrónico, pero os baixos porcentaxes no lanzamento en cómodas posicións de tiro permitían seguir loitando aos locais. Ao final conseguiuse un importante triunfo para os obradoiristas que seguen pelexando polos primeiros postos da clasificación e permiten manter a categoría.

Na vindeira xornada, o Cenor – Obradoiro CAB recibe ó Basquet Coruña, o sábado 4 de marzo ás 12:00 horas.

Parciais: 9-16, 5-11, 11-15 e 17-14.