GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Os obradoiristas perden fronte o Academia Cops Basket Ferrol nun mal partido, no que os locais puxeron máis acerto e intensidade pero no que, a pesar de todo, os de Santiago chegaron aos últimos instantes con opcións de levarse o choque.

O encontro foi igualado, sen grandes diferenzas no marcador. Os ferroláns, sen embargo, foron superiores en tódalas facetas do xogo pero sen lograr unha continuidade suficiente para escaparse no marcador, o que lle permitía aos obradoiristas manterse dentro do partido ata o último minuto.

A vindeira fin de semana o Cenor – Obradoiro CAB descansará, o que aproveitarán para continuar co traballo e tratar de mellorar a súa consistencia ao longo dos encontros para afrontar ao cen por cen o próximo encontro que será o sábado 17, as 12:00 horas, no pavillón Lorenzo de la Torre fronte ao Peleteiro.

Parciais: 14-16, 16-12, 23-23 e 17-15.