GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Os obradoiristas obteñen unha importante vitoria (69-51) que apreta a clasificación do grupo A na 1ª División Infantil, colocándose empatado na terceira posición co Peleteiro e co Estudiantes de Lugo.

O conxunto local mostrouse superior dende o inicio do partido e, a partir da defensa, acabou dominando tódalas facetas do xogo. Os parciais foron 21-12, 13-8, 21-17 e 14-14.

Con esta xornada, as categorías inferiores do Obradoiro pechan a competición este 2016 e prepáranse xa para o comezo do novo ano coa vista na primeira xornada, que será o próximo 15 de xaneiro.