GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O Cenor – Obradoiro CAB logrou un meritorio triunfo no campo do Seis de Nadal de Vigo por 36-67 na penúltima xornada da primeira volta.

Xogáronse xa seis xornadas da fase pola permanencia, das cales o Cenor - Obradoiro CAB cóntaas todas por vitoria, liderando a clasificación deste grupo e achegándose cada vez máis ao obxectivo de selar a permanencia na categoría.

Os de Iago Palmeiro seguen mantendo unha gran intensidade en defensa, presionando e atacando o balón en dous contra un en toda a pista, conseguindo así recuperacións de balón para transicións ofensivas rápidas, e non deixando aos rivais sentirse cómodos en ataque en ningún momento.

Ofensivamente, ademais de correr o campo con gran determinación e agresividade para atacar a canastra, por momentos vese un moi bo xogo colectivo e boas situacións illadas dun contra un.

Os parciais de cuartos foron: 9-19, 10-14, 9-20 e 8-14.

O vindeiro sábado 18 de marzo, ás 12.00 horas, recibirán ao Edo. Branco Amor no pavillón municipal Lorenzo de la Torre no último partido da primeira volta desta fase.