GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Os obradoiristas impuxéronse ao Blanco Amor Coolsport por un axustado 65-63 despois de lograr remontar o marcador nunha gran segunda parte.

Non comezaron ben o partido os locais que, faltos de intensidade defensiva, viron coma os ourensáns se escapaban no electrónico nos primeiros minutos do encontro.

Sen embargo, pouco a pouco o nivel de intensidade foise igualando, os obradoiristas comezaron a frear as transicións dos visitantes e, gracias a recuperar o seu mellor nivel de xogo, foron capaces de empatar o choque ao remate do terceiro período.

No último cuarto a igualdade foi a tónica xeral de cada minuto. O partido mantívose nun puño ata os últimos instantes no que os locais lograron un maior acerto e lograron alcanzar a súa sétima vitoria consecutiva.

Os parciais por cuartos foron: 12-15, 12-22, 25-12 e 16-14.

A vindeira xornada o Cenor – Obradoiro CAB visita ó C.B. Artai o sábado as 10:00 horas, nun encontro no que loitaran por manter ao súa racha de vitorias.