GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Os obradoiristas venceron con claridade na súa visita ao C.B. Artai de Carballo por un contundente 43-83 despois dun partido moi serio no que tiveron un gran rendemento ofensivo.

Os visitantes amosáronse moi acertados en ataque dende o inicio do partido, permitindo que minuto tras minuto as vantaxes se foran ampliando ata chegar ao descanso co partido practicamente decidido.

Pese a todo, os locais non baixaron os brazos en ningún momento, e os obradoiristas seguiron traballando ata o final do encontro, con tódolos seus xogadores rendindo a un gran nivel foron capaces de certificar unha nova vitoria que lles permite manterse na primeira posición da segunda fase con casilleiro de oito vitorias e cero derrotas.

Os parciais por cuartos foron: 16-30, 10-23, 4-18 e 13-12.

A vindeira xornada, o Cenor – Obradoiro CAB recibe ó Sigaltec de Vilagarcía no pavillón Lorenzo de la Torre, o sábado a partir das 12:00 horas.