GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Os obradoiristas foron capaces de levarse unha importante vitoria na loita pola permanencia nun igualado encontro que non se decidiu ata o último cuarto.

Malia vantaxe final que reflectía o marcador, o partido non foi nada doado para os santiagueses. Os visitantes opuxeron resistencia durante os corenta minutos, obrigando aos obradoiristas a realizar un gran traballo na segunda parte para poder levarse a vitoria.

Uns últimos vinte minutos nos que anotarían ata un total de cincuenta puntos, o Cenor – Obradoiro CAB foi capaz de sentenciar un choque que o acerca un paso máis ao primeiro posto deste grupo dous da Liga Galega Infantil.

A vindeira xornada, o Cenor – Obradoiro CAB visita ó Allariz, o domingo a partir das 19:45 horas.