GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Os obradoiristas completan un gran encontro impoñéndose ao Academia “Cops” Basket Ferrol por un contundente 72-31.

Os locais romperon o partido na primeira metade, recuperando o bo facer defensivo doutras xornadas, encaixando soamente oito puntos antes do descanso (17-0 e 20-8 de parciais).

A iso sumouse un xogo alegre en ataque que lles permitía anotar en tódalas posición da pista (22-10 e 13-13 de parciais na segunda metade).

Con esta vitoria o Cenor – Obradoiro CAB ten máis preto a salvación matemática e un posto na Final da Copa Galicia. A próxima semana o Cenor – Obradoiro CAB visitará ao Basket Coruña.