GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Os obradoiristas fan un excelente encontro na súa visita ó EDO Blanco Amor, impoñéndose por 49-86.

Malia contar só con 8 xogadores, os obradoiristas completaron un partido brillante, deixando sentenciado o encontro na primeira parte (8-26, 7-20).

Na segunda metade, os visitantes seguían impoñendo o seu xogo, con tódolos xogadores rendendo a gran nivel.

Os parciais por cuartos foron: 8-26, 7-20, 15.24 e 19-16.

Despois de rematala segunda fase invictos, cun pleno de 14 vitorias consecutivas, os obradoiristas agardan ao Basquet Coruña na final da Copa Galicia o próximo sábado as 16:30 horas no Pazo dos Deportes de Lugo.