GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Este pasado sábado, o Cenor – Obradoiro CAB desprazábase ata Culleredo para a disputa do seu primeiro encontro como visitante nesta tempada. Un encontro no que os obradoiristas volveron para Santiago cunha derrota nun encontro mellorable.

O KFC Culleredo amosouse superior en tódalas facetas do xogo, acadando cómodas vantaxes dende o inicio. Co paso dos minutos os visitantes ían encontrando mellores sensacións e lograban competir de igual a igual no segundo cuarto. Sen embargo, a volta de vestiarios lonxe de seguir con esta dinámica, o C.B. Culleredo volveu a imprimir un ritmo de xogo ao que os obradoiristas non puideron contestar.

Xa nos últimos dez minutos, os de Santiago lograban mellorar o seu nivel de intensidade, pero a falta de acerto no lanzamento exterior facía imposible que se reducisen as diferenzas, pechando o partido cunha clara vitoria para o KFC Culleredo.

Os parciais por cuartos foron: 19-8, 20-16, 16-4 e 14-13.

A vindeira xornada, o Cenor – Obradoiro CAB recibirá o sábado, a partir das 12:00 horas, no pavillón Lorenzo da Torre ao Basquet Coruña.