GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Os locais dominaron dende o inicio tódalas facetas do xogo, amosándose superiores ao seu rival. Os obradoiristas anotaban con facilidade no primeiro cuarto, aproveitando as súas vantaxes para obter as primeiras diferencias no marcador. Os coruñeses trocaron de defensa, pero a boa lectura dos locais, e a súa fortaleza defensiva aumentaba as vantaxes no electrónico, chegando ao descanso dezaseis puntos por riba.

Tralo paso por vestiarios, os visitantes trataron de precipitalo ataque local cunha presión moito máis agresiva. Pero os obradoiristas atacaban con criterio e orde, non deixándose sorprender e consolidando unha gran vitoria.

Deste xeito o Cenor – Obradoiro CAB recuperan as boas sensacións.

Os parciais por cuartos foron: 20-11, 19-12, 14-14 e 20-16.

A vindeira xornada os obradoiristas visitarán o domingo as 12:00 horas o campo do Narón.