GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O Cenor Obradoiro CAB recibía no seu campo, o pasado sábado as 12:00 horas, ao KFC Culleredo, equipo que marcaba na clasificación o corte para o seguinte grupo. Os obradoiristas, tras unha gran primeira metade, acabaron notando o esforzo e caeron na prórroga (69-82).

O encontro comezaba con ámbolos equipos agresivos en defensa, cunha gran presión ao balón que facía que o ritmo fose moi alto dende o inicio. Co paso dos minutos os locais ían mellorando o seu xogo, ata que cun segundo cuarto para enmarcar, foron capaces de superar en tódalas facetas do xogo ao KFC Culleredo, logrando recuperar a vantaxe e marcharse ao descanso cun 35-14 ao seu favor.

Sen embargo, á volta de vestiarios os visitantes volveron a dominar o encontro e recuperaron a iniciativa no electrónico. No último período o Cenor Obradoiro CAB seguiu pelexando e finalmente logrou levar o partido a prórroga, pero nestes cinco minutos extras pagaron en exceso o esforzo anterior e acabaron perdendo o encontro por 69-82.

Os parciais por cuartos foron: 12-17, 25-14, 11-19, 16-14 e 5-18.

A próxima fin de semana, o Cenor Obradoiro CAB visitará ao Basquet Coruña, o domingo a partir das 11:00 horas.