GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Os obradoiristas xogaron os mellores minutos da tempada, pero perden na prórroga co Asambal (39-35).

Os visitantes disputaron na Pobra do Caramiñal un gran encontro no que a igualdade foi a tónica xeral do encontro. En cada parcial a emoción e as alternancias no marcador foron constantes, chegando ao final do tempo regulamentario con empate a 35. Xa no tempo extra, as defensas de ámbolos dous equipos marcaron o ritmo de xogo neste desenlace do encontro, quedando os obradoiristas sen anotar nestes últimos cinco minutos e levándose a vitoria o Asambal despois dun emocionante encontro.

A próxima xornada, o Obradoiro CAB – Cenor terá xornada de descanso para seguir traballando e crecendo de cara o seu próximo encontro fronte o Rosalía de Castro.

Parciais: 8-5, 6-14, 11-9, 10-7 e 4-0.