O Obradoiro CAB – Cenor acada a primeira vitoria da tempada na 2ª División infantil (56-34)
O traballo que se comezaba a intuír nos últimos encontros tivo a súa recompensa a pasada fin de semana cando os obradoiristas se impuxeron ao Fontiñas por 56-34.
Os locais ofreceron a súa mellor versión, amosando unha clara melloría e evolución en tódalas facetas do xogo, mantendo durante todo o encontro una sólida defensa que lles permitía anotar con solvencia ao contraataque e dispoñer dende a primeira parte de distancias cercanas aos vinte puntos. Os parciais foron 18-10, 18-7, 10-8 e 16-9.
O próximo fin de semana non haberá xornada de 2ª División Infantil polo que o Obradoiro CAB – Cenor terá descanso.