GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Os obradoiristas gañan con claridade aos estradenses por un marcador de 52-32.

Os locais mandaron no marcador dende o inicio. A partires dunha sólida defensa, os locais foron capaces de atopar situacións claras de contraataque e lograron rápidamente vantaxes superiores aos dez puntos.

A partires do segundo cuarto o encontro foi moito máis igualado. As defensas prevaleceron en todo momento sobre os ataques pero, nesa dinámic,a o Obradoiro CAB – Cenor foi quen de manter cómodas rendas sempre por riba dos dez puntos.

Ao final clara vitoria local por 52-32 que confirma a magnífica progresión do equipo.

Os parciais foron: 20-8, 8-6, 12-10 e 12-8.

A próxima semana o Obradoiro CAB – Cenor terá xornada de descanso.