GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Despois de varias semanas de adestramento no que se foron incorporando xogadores aos poucos, o Obradoiro-Peleteiro afrontou a súa primeira proba contra o Baloncesto Narón, en Montouto. Foi un encontró marcado polos altibaixos normais do momento da tempada pero no que os santiagueses lograron dominar gracias a unha gran intensidade defensiva.

O inicio do encontro foi na liña marcada polo equipo local, cunha altísima presión defensiva que lles permitiu anotar con comodidade ao contraataque que, unido ao dominio no rebote, permitiulles abrir a primeira brecha no marcador ao remate do primeiro cuarto, con un 28-7.

O segundo tempo continuo na mesma liña: a defensa local marcaba o ritmo do encontró pero, pouco a pouco, o acerto nos lanzamentos liberados foi reducíndose e chegouse ao descanso cun 45-17 a favor do Obradoiro-Peleteiro.

Á volta dos vestiarios a consigna era clara. Lograr mellorar varias situacións tácticas no ataque posicional, o que provocou que descendese o ritmo de xogo do partido pero que, á larga, serviulle ao equipo para crecer pensando na evolución do mesmo. Así, nos últimos minutos puidéronse ver accións cunha moi boa circulación de balón e que foron un bo broche para pechar a primeira victoria da tempada ante un duro rival por 73-52.

O próximo domingo, o Obradoiro-Peleteiro recibirá a visita do COB para disputar a partir das 17.00 horas nun novo encontro da Copa Galicia de categoría junior.

Parciais: 28-7, 17-10, 12-21, 16-14.

Obradoiro-Peleteiro: Romano, A. (9), Barbosa, D. (4), Rivas, B. (2), Mostaza, F. (4), San Martin, J. (-), Lope, S. (17), Furelos, S. (9), Carrera, A. (10), Blanco, J. (12), Bello, M. (6), Melini, E. (Dnp).