GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Chegaba a Montouto un dos rivais máis duros da competición, un COb que poría en moitas dificultades aos de Santiago e que lles obrigaba a aplicarse ao máximo para poder levarse una máis que traballada vitoria.

O encontró comezou con máxima igualdade e cun nivel defensivo altísimo por parte dos dous equipos, un tono físico que limitaba a fluidez de balón de ambos conxuntos e xeraba contínuas alternancia no marcador.

No inicio do segundo cuarto asemellaba que os locais podían comezar a conseguir certas vantaxes a través de rápidos contraataques, pero en dous minutos de desconcentración, produciuse un parcial de 2-10 que obrigou ao Obradoiro-Peleteiro a parar o partido e realizar varios axustes para impedir que o COB dese un duro golpe antes do descanso. Así, despois de varios axustes e un maior nivel de concentración en defensa, os santiagueses lograron frear o xogo sen balón dos ourensáns e chegar en igualdade ao descanso, por 29-30.

Tras o paso polos vestiarios, a igualdade volveu reinar na pista. Ambos conxuntos probaron diferentes combinacións de quintetos na búsqueda de solucións ofensivas, pero as defensas continuaban mandando no partido. Foi nese intre cando o Obradoiro-Peleteiro comezou a cambiar as súas situacións ofensivas buscando un ritmo de xogo diferente o que, unido a quintetos máis altos, permitiulles lograr una pequena renta de seis puntos que sería definitiva. O equipo xogou os últimos minutos cun pouco máis de calma e atoparon por primeira vez algo de acerto desde a liña de 6,75 e, así, amarraron una meritoria vitoria por 63-55 na que a aportación dos doce xogadores foi fundamental.

O próximo fin de semana toca viaxar á complicada pista do Estudiantes de Lugo, nun partido que será unha boa proba da evolución do equipo nestas primeiras semanas de competición.

Parciais: 14-12, 15-18, 16-14 e 18-12.

Obradoiro-Peleteiro: Blanco, J. (15), San Martin, J. (10), Melini, E. (9), Lope, S. (7), Carrera, A. (6), Furelos, S. (5), Bello, M. (3), Kovac, M. (3), Barbosa, D. (2), Rivas, B. (2), Mostaza, F. (1) y Romano, A. (-).