GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

Irregular partido o realizado polo Obradoiro-Peleteiro no seu choque en Montouto fronte ao Cidade de Lugo.

Despois dun bo primeiro cuarto no que os locais deixaron mostra do seu nivel defensivo e da súa capacidade para castigar en transición a través dunha moi boa circulación, no segundo parcial comezaron a caer nun exceso de precipitación e de falta de concentración.

Pouco a pouco os visitantes ían reducindo as diferencias pero, xa no terceiro parcial, os locais volveron apretar o acelerador e lograron volver a controlar diferenzas de máis de dez puntos ao seu favor.

Nos últimos dez minutos, cando o ritmo do partido parecía que volvía ás mans dos obradoiristas, as súas continuas faltas persoais e a indecisión a hora dos lanzamentos permitiu ao Cidade de Lugo volver a entrar no encontro e dispoñer dunha oportunidade nos últimos instantes para, incluso, levarse o partido.

Moito que mellorar por parte do Obradoiro – Peleteiro que deberá de ser moito máis regular durante os encontros e tirar de carácter para seguir crecendo de cara a este final de tempada.

Na próxima xornada o equipo viaxará a Culleredo (o sábado as 18:00 horas) nun encontro no que tratará de continuar coa súa racha de triunfos pero, sobre todo, co obxectivo de lograr unha maior regularidade no seu xogo para continuar progresando.